Posteado por: carla206 | octubre 11, 2009

HITORIA DE ESPAÑA.A MONARQUÍA ABSOLUTA DOS BORBÓNS

HISTORIA DE ESPAÑA. MANUAL VICENS VIVES U.D. 6/3 INTRODUCCIÓN: “A MONARQUÍA ABSOLUTA DOS BORBÓNS” 3.1.0.- O absolutismo é a derradeira fórmula do poder político do A.R. Apareceu en Francia no s. XVII con Luís XIV, como resultado da evolución da monarquía autoritaria dos ss XV-XVII, que en España encarnaron os Austria. A chegada ó trono español da dinastía francesa dos Borbón significou a adaptación da devandita fórmula política no noso país. 3.1.2.- Na Monarquía autoritaria, o rei controlaba e gobernaba os diferentes territorios e situábase á cabeza das diferentes institucións e das Cortes. Na fórmula política do absolutismo, o monarca absoluto constituía a encarnación mesma do Estado: del era o territorio e del emanaban as institucións. O seu poder resultaba prácticamente ilimitado, era fonte de lei, autoridade máxima de goberno e cabeza de xustiza. 3.1.3.- Os primeiros Borbón españois, Filipe V (1700-1746) e Fernando VI (1746-1759) secundados por unha serie de conselleiros fieis combateron as poucas limitacións que aínda actuaban sobre as prerrogativas da Coroa, afanándose por intentar fortalece-lo poder real. Con esta nova concepción, asumiron a tarefa de unificar e reorganizar, segundo o seu criterio, os diferentes reinos peninsulares. Esta teoría e praxe política favorecida polo desenlace da Guerra de Sucesión a prol dos Borbón significou a perda de soberanía dos territorios da Coroa de Aragón que, tendo apostado as pretensións do Archiduque Carlos, pasou a ser integrada nun modelo uniformista e centralista. 3.3.1.- AS NOVAS IDEAS 3.3.0.- O modelo económico-social e político do A.R. foi durante o s.XVIII duramente criticado por unha serie de pensadores que coñecemos como ilustrados… 3.3.1.- A característica básica do pensamento ilustrado é unha ilimitada confianza na razón (nen autoridade, nen tradición, nen revelación)…En resumen, os ilustrados crían que os homes…poderían acada-lo coñecemento…base da felicidade. Por iso, eran firmes partidarios da educación e do progreso…da progresiva mellora das condicións de vida dos seres humanos. Con estas armas, os ilustrados someteron á critica os principios da sociedade estamental, negando a transmisión hereditaria de calquera virtude ou privilexio e afirmando a igualdade o dereito á liberdade de tódolos homes. Criticaron tamén a organización económica, a falta de liberdade para mercar; vender, establecerse ou progresar, e defenderon un modelo que garantise a propiedade e liberdade de comercio e industria. Así mesmo, sen nega-la existencia de Deus, opuxéronse ó dominio ideológico da Igrexa, ós seus privilxios, e a visión conservadora e inmobilista transmitida polo clero. 3.3.2.- A ILUSTRACIÓN ESPAÑOLA …e Capmany. Non forman un grupo homogéneo, pero a mayoría deles coinciden no interese pola ciencia, no espíritu crítico e na idea de progreso. A outra teima básica dos ilustrados españois foi a cuestión económica. Todos eles eran conscientes de que o atraso do país, en relación con outras potencias extranxeiras, proviña da pervivencia do forte predominio da propiedade nobiliaria e eclesiástica, do excesivo control sobre as actividades económicas, e do descoñecemento das novas técnicas, inventos e avances, aplicados xa neutros países como Gran Bretaña ou Holanda. Por iso esforzáronse en estudia-la situación real do país e en propoñer unha serie de reformas. NÚCLEO I: CENTRALIZACIÓN ESTATAL, UNIFORMIZACIÓN TERRITORIAL E MODERNIZACIÓN DA FAZENDA 3.1.3/cont.- Filipe V, mediante os decretos chamados de Nova Planta (Valencia e Aragón, 1707; Mallorca, 1715 e Cataluña, 1716) impúxolle-la organización político-administrativa de Castela ós territorios da antiga Coroa de Aragón. Así, coa excepción de Navarra e do País Vasco, todo o territorio constituíu unha única estructura de carácter uniforme. A nova Planta aboliu as Cortes dos diferentes reinos da Coroa de Aragón, integrándoas nas de Castela, que de feito se converteron nas Cortes de España, que só se reunían por petición do rei e para xura-lo herdeiro, e igualmente foi abolido o Consello de Aragón constituíndose o Consello de Castela como o órgano esencial de goberno do país, que exercía funcións consultivas, tiña facultades legislativas e xudiciais e actuaba como Tribunal Supremo de Xustiza. Agora ben por riba do Consello de Castela e das propias Cortes situábase o monarca, que decidía en tódolos asuntos do Estado auxiliado polas Secretarías, sustitutas dos antigos Consellos e semellantes ós actuais Ministerios. En 1714 creáronse as Secretarías de Estado e Asuntos extranxeiros, Asuntos Eclesiásticos e Xustiza, Guerra e Mariña; en 1754 creouse a de Facenda. Os secretarios eran nomeados e destituídos polo rei, del que dependían e rendían contas. Os Borbón tentaron, asemade, organizar de forma uniforme para todo o territorio a administración e para iso eliminaron os antigos vicerreinados (agás os das terras mericanas) e crearon demarcacións provinciais. A fronte do seu goberno nomearon un capitán xeral con atribucións militares e administrativas. Implantáronse tamén Reais Audiencias, presididas polos capitáns xenerais e que tiñan competencias xudiciais. A mayoría das reformas consistiron en estender institucións castelás ó resto do Estado (cfr., a generalización dos corrixidores na administración local das grandes cidades), pero os Borbón implantaron unha nova figura, de inspiración francesa, que constituíu a maior contribución do novo modelo administrativo: os intendentes, funcionarios dependentes directamente do rei, gozaban de amplos poderes coa misión de recadar impostos e da dinamización económica do país, controla-las autoridades locais, coidar das Reais Fábricas, impulsa-lo desenvolvemento da agricultura e da gandería, confeccionar mapas, realizar censos, atende-lo urbanismo, etc. A preocupación polos problemas económicos fíxose evidente nos intentos de reorganización da Facenda. Os Borbón comprendían que no se reformaba o sistema impositivo procurando que tódolos habitantes pagasen en relación coa súa riqueza, incluídos os privilegiados (nobreza e clero), o saneamento económico era imposible. Aproveitando o dereito de conquista, tentaron esa experiencia nos territorios da Coroa de Aragón. Así se implantou o equivalente en Valencia, a única contribución en Aragón, a talla de Mallorca ou o catastro de Cataluña. Tratábase en tódolos casos do establecemento dunha cota fixa, por parte da Administración, que se repartía proporcionalmente entre os seus habitantes. O éxito, sobre todo do catastro en Cataluña, fíxose evidente en moi pouco tempo: recadábase máis e o sistema era máis áxil e mesmo gravoso para o conxunto da poboación da poboación. Nos anos seguintes intentaríase estallar a toda España (Catastro de Ensenada 1750-1753), pero as fortes resistencias dos privilegiados impediron a súa aplicación. NÚCLEO II: O REFORMISMO BORBÓNICO 3.3.3.- Carlos III accedeu ó trono español ó morre-lo seu irmán Fernando VI sen descendencia directa. O seu reinado (1759-1788) constituíu a etapa máis interesante do s.XVIII español. Carlos III xa reinara en Nápoles desde o ano 1739 e entrara en contacto coas ideas ilustradas. Como outros monarcas absolutos europeos, amosouse partidario de seguir algunha das ideas de racionalización e de progresiva mellora das condicións de vida dos seres humanos. 3.3.2.- A partir do periodo 1750-1760, atopamos unha xeración de pensadores españois que nos seus escritos reflecten as preocupacións ilustradas e comenzan a critica-lo modelo social imperante na España do s.XVIII: son Feijóo, Sarmiento, Campomanes, Cadalso, Jovellanos, Aranda, Olavide, Floridablanca…Illados entre a indiferencia da aristocracia e do clero e a ignorancia das clases populares, os ilustrados españois fixeron da educación o obxectivo prioritario, o eixe sobre o que debía descansa-lo cambio do país (DOC. 3 “FREI MARTÍN SARMIENTO. CATÁLOGO DE VOCES E FRASES DA LINGUA GALEGA (1745-55)”). A outra teima básica dos ilustrados españois foi a cuestión económica. Todos eles eran conscientes de que o atraso do país, en relación con outras potencias extranxeiras, proviña da pervivencia do forte predominio da propiedade nobiliaria e eclesiástica, do excesivo control sobre as actividades económicas, e do descoñecemento das novas técnicas, inventos e avances, aplicados xa neutros países como Gran Bretaña ou Holanda. Por iso esforzáronse en estudia-la situación real do país e en propoñer unha serie de reformas. 3.3.4.- Convencidos da necesidade de acabar coas dificultades que inmovilizaban a propiedade, que atrancaban a libre circulación e amordazaban os mercados, adoptaron unha serie de medidas de carácter económico como: Limita-los privilegios da Mesta, apoia-la proposta de Olavide de colonización de novas terras e impulsa-los proxectos de reforma agraria para aumenta-lo número de propietarios e arrendatarios (DOC 4 “ESTATUTOS DA ACADEMIA DE AGRICULTURA DO REINO DE GALICIA (1765)”), fomenta-las infraestructuras de transporte e a libre circulación de mercaderías (Lei de Libre Circulación de Grans e fin do monopolio do porto de Cádiz, ambas de 1765), apoia-la actividade industrial, ben liberalizando gradualmente o proceso de fabricación a partir de 1768 ou abandonando a xestión directa das Reais Fábricas desde 1761, ben establecendo aranceis (arancel de 1782) e asinando tratados comerciais para defede-la industria nacional da competencia exterior. Por último, consideraban a moderación da política impositiva co obxectivo de fomentar a producción e de limitar o gasto público. 3.3.3.- O DESPOTISMO ILUSTRADO DE CARLOS III Para levar adiante o seu programa de reformas, Carlos III contou cunha serie de colaboradores que desde diversos postos do goberno o auxiliaron: eran, en realidade, os responsables dos esforzos reformistas. Entre eles cabe salientar a Pedro Rodríguez Campomanes, conde de Floridablanca, e o conde Aranda. Xunto a eles, e desde outros postos públicos, ilustrados como Pablo Olavide, Cabarrús ou Gaspar Melchor de Jovellanos estudiaron, informaron e propuxeron unha serie de medidas tendentes á modernización e racionalización do Estado. Un dos eidos de maior dedicación dos gobernos de Carlos III foi o económico. Convencidos da necesidade de acabar coas dificultades que inmovilizaban a propiedade, que atrancaban a libre circulación e amordazaban os mercados, adoptaron unha serie de medidas de carácter económico como: a) Limita-los privilegios da Mesta, apoia-la proposta de Olavide de colonización de novas terras e impulsa-los proxectos de reforma agraria para aumenta-lo número de propietarios e arrendatarios. b) Crear mercados de bens e de capitais, fomentando así no interior de España, as infraestructuras de transporte e a libre circulación de mercaderías (Lei de Libre Circulación de Grans, 1765) e, no comercio colonial, establecer unha certa liberalización (fin do monopolio do porto de Cádiz, decretado no ano 1765). c) Apoia-la actividade industrial, liberalizando gradualmente o proceso de fabricación a partir de 1768, ou abandonando a xestión directa das Reais Fábricas desde 1761. O mesmo tempo establecéronse aranceis (arancel de 1782) e asináronse tratados comerciais para defede-la industria nacional da competencia exterior. d) Estabilizar e modera-la política impositiva co obxectivo de fomenta-la producción asociada á estabilidade do gasto público. 3.4.2.- Un dos esforzos máis interesantes foi o apoio dado á creación das Sociedades Económicas de Amigos do País. A primeira foi fundada por un nobre vasco, o conde de Peñaflorida, en 1765, e axiña se foron creando Sociedades en moitas provincias, co obxecto de estudiar e determina-la situación de cada unha delas, fomenta-la agricultura, o comercio e a industria, traducir e publicar libros extranxeiros e impulsa-la difusión das ideas fisiocráticas e liberais. [PREGUNTA CLAVE: POR QUÉ ERA NECESARIA UNHA LEI DE REFORMA AGRARIA.- Goberno e ilustrados, especialmente as Sociedades Económicas, estaban de acordo en considera-la agricultura como o maior problema da economía española. Influídos polas novas ideas fisiócratas de que a terra e a agricultura eran a principal fonte de riqueza dun país, vín os atrancos que coutaban dispoñer da propiedade (amortizacións, mans mortas, señoríos) como un obstáculo que era indispensable eliminar. Xa que logo, criticaron sistemáticamente ó rexime señorial, as formas de propiedade da Igrexa, os morgados ou a propiedade comunal. Jovellanos foi encargado de informar sobre o Expediente de Lei Agraria formado por orde do Consello de Castela. O Expediente recolle unha certeira visión dos problemas da agricultura española do s.XVIII e unha proposta de solucións, pero que a penas se puxeron en práctica. O peso da Igrexa e da nobreza fixo imposible a reforma.] CONCLUSIÓN: “OS LIMITES DO REFORMISMO BORBÓNICO” 3.3.5.- O Despotismo ilustrado, representado en España por Carlos III, presenta no seu conxunto un balance positivo. Limitouse o nepotismo e a corrupción na Administración, déuselles forte pulo ás reformas de tipo económico, apoiáronse propostas e proxectos para o progreso da instrucción pública, para o saneamento das cidades ou para a mellora da rede de estradas. Tamén se defenderon as prerrogativas do Estado fronte á Igrexa e animóuselles ós súbditos a desenvolveren as actividades comerciais, agrícolas e industriais, rompendo co vello prejuicio de que era deshonroso o seu ejercicio. Esta experiencia, coñecida como Despotismo ilustrado, tivo lugar naqueles países nos que os ilustrados aceptaron que a debilidade da burguesía e a ignorancia das clases populares facían imposible calquera programa de cambio que non fose asumido por un poder forte como da monarquía Agora ben, os intentos de reforma agraria indicaban trocar fondamente o poder dos privilegiados, e por iso case non pasaron da fase de estudio. Enfrontarse decisivamente coa nobreza significaba, no fondo, destruí-la base da desigualdade civil sobre a que se asentaba a propia monarquía absoluta. Reformar tiña como límite o poder do monarca e mante-lo esqueleto da orde do A.R. Cando os ventos da Revolución francesa anunciaron a fin da vella orde, o novo monarca Caarlos IV e gran parte dos seus colaboradores foron os primeiros en mirar con arrepío os efectos que as ideas ilustradas provocaran na veciña Francia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: