Posteado por: carla206 | octubre 11, 2009

OS INICIOS DO MUNDO MODERNO. (Resumo de test)

OS INICIOS DO MUNDO MODERNO. (Resumo de test)

DA IDADE MEDIA Á IDADE MODERNA, os epígrafes O NACEMENTO DO ESTADO MODERNO, O HUMANISMO, OS REIS CATÓLICOS, A EXPANSIÓN EUROPEA son UUDD que refiren ás seguintes coordenadas espacio-temporais: Europa desde a derradeira metade do s. XV. 1453 é a data que corresponde cun feito da magnitude histórica da Toma de Constantinopla polos turcos, namentras a de 1789 asociámola coa Revolución Francesa. ¿E1492?: Coa Conquista de Granada, final dun proceso multisecular, e coa impresión da primeira gramática dunha lingua europea, o castelán. A evolución lenta e complexa desde a IDADE MEDIA Á MODERNA non está exenta de continuidade e permanencias. Por exemplo: os mesmos grupos (campesiños e señores) e as mesmas relacións sociais (señoriais). A estabilidade ou crecemento moderado de finais do s.XV contrasta coas crises demográficas e económicas do s.XIV, que relacionamos coa:peste negra

As cidades, poboacións de comerciantes e artesáns estaban baixo o goberno da burguesía. Principalmente, en Italia e tamén en:Flandes. A economía urbana, básicamente comercial, impulsou unha grande circulación monetaria; entre os mecanismos de financiación salientan: as letras de cambio. Un primeiro paso na construcción do Estado moderno foi a creación da Monarquía autoritaria, fundada na lexitimidade dinástica, é dicir: na vixencia dos dereitos de goberno dunha Casa Real. Os instrumentos do novo ESTADO MODERNO serán o exércitopermanente, a burocracia e a diplomacia. Por burocracia entendemos: funcionarios profesionais e técnicos especializados en leis. O poder do rei no Estado Moderno estaba íntimamente asociado ao saneamento da Facenda real e éste ameazado polas resistencias das legalidades prestablecidas pola tradición: o papado e os parlamentos medievais. Entre os mecanismos definanciación do Estado destacaron os impostos sobre a propiedade non nobiliaria e as taxas sobre os intercambios comerciais. Sen embargo, a racionalización da recadación non impideu o emprego de: débeda bancaria.

O movemento intelectual que coñecemos como humanismo, renacentista respecto da cultura grecolatina, ten como trazo principal un indivualismo que evolucionou a partir: da crítica literaria. A principal beneficiaria da renovación do saber sobre a base da dignidade do home e consecuentemente da confianza na súa intelixencia foi: a ciencia. A cultura como símbolo de prestixio favoreceu o desenvolvemento das artes a través domecenazgo; é dicir: do patrocinio dos artistas e do coleccionismo das súas obras. Factor da renovación cultural foi, sen dúbida, ainvención da imprenta que permiteu a circulación das obras literarias. Non menos importante era a consideración que, como lingua internacional, tiña: o español (por suposto, o latín).

O matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragónsignificou a unión de reinos moi diferentes nun proxecto de convivencia con vixencia de 5 séculos. As diferencias eran de tamaño territorial e de poboación e non as menores: as políticas. A partir do respecto as identidades institucionais propias de cada reino constátase unha maior influencia de Castela na política interior e de Aragón na política exterior, que se resume: no aillamento de Francia. A política relixiosa favorable á renovación de ordes relixiosas (intelectual e moral) e centrada no control da Igrexa co nomeamento real de cargos eclesiásticos(control ideolóxico) atopou interlocutores tan relevantes como: o cardeal Cisneros. A política de exclusión relixiosa na monarquía hispánica como no resto de Europa respostaba as necesidades de cohesión social e de orden publica do novo Estadoe tivo a través da Inquisición como principal destinataria no século XV: á comunidade xudía. O impulso desde o s.XV de rutas alternativas ao comercio medieval de especias e obxetos de luxo, tivo como motivación a expansión do imperio turco e como actores: as monarquías ibéricas (hispánica e portuguesa).As exploracións marítimas de finais do s. XV reflicten unha política cautelosa dos Estados, da que é unha bóa mostra oTratado de Tordesillas (1494). Namentras, o descubrimento europeo de América por Colón e a expedición de Magalhâes-Elcano determinarán un choque total na visión do mundo: pola confirmación empírica da esfericidade da terra e sobre todo, polo encontro inesperado de novas civilizacións.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: