Posteado por: carla206 | noviembre 17, 2009

RENACEMENTO E REFORMA (resumo de test)

Á morte dos RRCC e dos seus pais Juana de Castela e Felipe de Borgoña, Carlos educado en Flandes estaba destiñado a ser o primeiro dos Carlos que levaron ese nome na Monarquía hispánica e cuestionablemente o primeiro monarca dos Austrias en España. O Imperio alemán era unha autoridade simbólica de moi grande prestixio pola tradición secular do Imperio Sacro-Xermánico e por recaer nun príncipe electo. Sen embargo, a autoridade dos reis hispánicos exixía un goberno persoal e directo do monarca como demandaron as cidades na rebelión das Comunidades. A política dos RRCC de aillamento de Francia mantívose con Carlos V, agora para protexer non só os intereses de Aragón senón tamén os do Imperio Habsburgo; e concretouse no, dominio do Milanesado. Entre os aliados da Francia de Francisco I estaba o Papa Julio II de La Rovere.

 

Simultáneamente ás tensións entre os estados cristiás europeos, retroalimentadas pola división ideolóxica asociada ao reformismo relixioso, emerxía no oriente sobre as cinzas do Imperio bizantino o Imperio otomano, o cal chegaba ás portas de Viena tan só 75 anos despois de conquistar Constantinopla, a través do Danubio e da ameazante hexemonía no Mediterráneo. No Mediterráneo occidental os turcos contaban con aliados como os piratas berberiscos, aos que o Emperador, absorbido polos conflictos cos príncipes alemáns , nunca se dedicou por completo; a salientar as Xornadas de Túnez e de Alxer

 

A reforma de Lutero fronte ao Papado tivo como conscuencia política a división de Alemaña polo apoio prestado por algúns príncipes contra o Emperador. Entre as teses de Lutero destacan a libre interpretación da Biblia e a condea do culto das reliquias e a salvación exclusivamente pola fé. O Emperador tratou de evita-la división relixiosa e forzar a obediencia dos príncipes coaccionando ao Papa a convocar un Concilio, que finalmente, malia os seus receos (Sacco de Roma), tería sede en Trento. Nun esforzo por evitar o recurso sistemático da guerra, Carlos V convocou reunións de representantes imperiais antes e despois da batalla de Mühlberg (1547). Estas asembleas reciben o nome de dietas. Toda a política imperial de Carlos V resultou un fracaso ao non poder impedir a división relixiosa, que se concretou na atribución do príncipe, católico ou protestante, de impoñe-la súa relixión aos respectivos súbditos, sancionada xurídicamente na Paz de Augsburgo (1555).

 

Filipe II fixou a capital da Coroa hispánica en Madrid e construiu en El Escorial o pazo desde o que dirixía tódolos seus reinos na procura dunha hexemonía no continente europeo que tiña como fundamentación ideolóxica a defensa da ortodoxia católica. A loita pola homoxeneización ideolóxica e a seguridade interior se saldou coa expulsión dos mouriscos granadinos. A centralización imperfecta da política administrativa filipina manifestouse nunha rebelión aristocrática en reinvindicación dos fueros de Aragón personificada no propio secretario real, Antonio Pérez. Trala batalla de Pavía e a Paz de Chateau-Cambresis (Paz das Damas) que recoñecía a hexemonía hispánica por parte de Francia, formouse a Liga Santa que frenou en Lepanto a expansión turca no Mediterráneo; estaba constituida por Felipe II, polo Papa e as flotas de Xénova e Venecia. Á morte sen herdeiros do rei de Portugal Sebastián I (1578), Felipe II ocupou o trono portugués; a nobreza lusa recoñeceuno como rei nas Cortes celebradas en : Thomar (1580). O máis grave conflicto na Monarquía filipina foi a sublevación xeral dos Países Baixos, un capítulo máis do reto protestante (calvinista) á ortodoxia relixiosa defendida polo rei; a habilidade dos gobernadores Clara Eugenia (filla do rei) e de Alejandro Farnesio plasmouse na Unión de Arrás ou das provincias católicas do sur (futuro Estado belga). Durante os últimos anos do reinado de Felipe II a guerra xeneralizouse;  a Inglaterra de Sabela I pasou a converterse en obxetivo de invasión pola axuda ás protestantes Provincias Unidas (futura Holanda) e polo seu hostigamento á flota das Indias; a tentativa coñécese como A Grande Aramada ou Invencible.

 

O aumento do crecemento demográfico da Europa Occ. está en relación coa capacidade das explotacións feudais da Europa Oriental de aportar alimentos máis baratos, o que a súa vez favoreceu o desenvolvemento do comercio e de manufacturas na Europa atlántica, que reforzaba unha economía monetaria fundamentada nas remesas de metais americanos. Ao largo do s.XVI, na Monarquía hispánica, os nobres mantiveron o seu estatuto económico e xurídico privilexiado, namentras moitos xornaleiros expulsados das terras comunais emigraban á cidade para converterse nunha poboación asistida pola beneficiencia; a penetración da economía monetaria favoreceu, sen embargo, tamén aos campesiños (ao reducir as rendas en especie).

 

Os reis, na consolidación do Estado a través do poder da monarquía, dirixían a vida institucional mediante un padroado a tódolos aspectos públicos, incluidos os relixiosos e culturais; a precariedade deste autoritarismo monárquico procedía significativamente do caso dunha minoriedade do rei. Coa súa fixación xeográfica en Madrid, a Corte (así; en singular) transformouse no centro da vida política, acentuando a maxestade da institución un ríxido protocolo; os gastos de Estado, incluidas as custosas administracións o eran fundamentalmente de gastos en commemoracións festivas. O Estado intentou valerse da relixión como un elemento de poder; a cuestión relixiosa, en consecuencia, ocupou un papel central nas relacións internacionais engadindo ás rivalidades dinásticas un elemento ideolóxico; isto explica o emprego na guerra da propaganda impresa (famosa “lenda negra”).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: