Posteado por: carla206 | noviembre 23, 2009

revolucións nacionais e democráticas

REVOLUCIÓNS NACIONAIS E DEMOCRÁTICAS

1.- As revolucións nacionais e democráticas” constitúe o epígrafe que mellor define os núcleos temáticos que caracterizan as transformacións políticas do s.XIX. O século comenzara coa orde imposta por Napoleón. A súa derrota militar en Waterloo (1815) significou o fracaso de toda a súa construcción política, que relacionamos: 1) coa Comuna de París; 2) co Congreso de Viena; 3) coa Conferencia de Berlín.

2.- O triunfo temporal do absolutismo ou a restauración das casas reinantes desposuidas por Napoleón xustificouse ideolóxicamente no principio: 1) de soberanía nacional; 2) de soberanía popular; 3) de lexitimidade dinástica.

3.- A nova organización territorial europea que xurde en 1815, creada para reprimir os principios liberais, frustraba as aspiracións nacionalistas dos pobos europeos co mantenemento dos antigos imperios austríaco, ruso e otomano. Para consolidala pactouse unha coalición militar coñecida como: 1) Pactos de Familia; 2) Santa Alianza; 3) Fillos de San Luís.

4.- O nacionalismo, rerforzado polo romanticismo, afirmaba o dereito dos pobos ao seu propio destino e a posuir un Estado de seu, o que xustificaba un espíritu de nacionalidade que non pode ser obra de individuos, como de feito tampoco o é :1) a lingoa; 2) a cultura e as tradicións; 3) as dous son correctas.

5.- Derrotado Napoleón, os liberais europeos acharon como modelo á Monarquía inglesa, baseada na separación de poderes e no sufraxio censitario. Máis radicais, os demócratas defendían, xunto ó sufraxio universal: 1) a República; 2) a Monarquía parlamentaria; 3) as sociedades secretas.

6.- A primeira vaga revolucionaria na que confluiron liberais e nacionalistas produciuse en 1820. Moitas destas experiencias foron esmagadas pola forza militar dos exércitos absolutistas. Houbo unha excepción: 1) España; 2) Rusia; 3) Grecia.

7.- A Restauración borbónica en Francia, primeiro con Luís XVIII e logo con Carlos X, comenzou a cuestionarse tanto polo malestar político como polo económico que producían: 1) a Carta Outorgada e a crise agrícola de 1825; 2) as xornadas de xullo de 1830; 3) a abdicación de Carlos X en Luís Filipe de Orleáns).

8.- O triunfo dunha Monarquía Parlamentaria na Francia de 1830 serviu de estímulo dunha nova vaga revolucionaria que, aínda que só tivo éxito en Bélxica coa instauración da Monarquía Constitucional de Leopoldo I, se extendeu por: 1) Alemaña; 2) Rusia; 3) Austria.

9.- A seguinte onda revolucionaria, a de 1848, tamén encetou en Francia. Estivo precedida por crises de subsistencia e do malestar político que provocaba o sufraxio restrinxido. A proclamación da II República proclamou a extensión do voto sen outro límite que: 1) a idade; 2) o voto femenino; 3) as dous son correctas.

10.- Tamén a República francesa foi exemplar aos ollos dos revolucionarios contemporáneos, extendendose o modelo como regueiro de pólvora polas principais capitais europeas. O éxito inicial deste movemento foi celebrado eufóricamente como: 1) a “primavera dos pobos;2) ”o tempo das barricadas” ;3) ”a Revolución Gloriosa”.

11.- O triunfo dos republicanos moderados e a derrota do pobo de París en xuño de 1848, supuxo unha viraxe a favor da reacción no resto de Europa. As tres capitais do Imperio austríaco caen unha detrás da outra; nos referimos a: 1) Viena, Praga e Berlín; 2) Viena, Budapest e Milán; 3) Praga, Viena e Budapest.

12.- G. Mazzini , patriota italiano, participou en tódalas vagas revolucionarias da 1ª ½ do s.XIX. Autor do Manifiesto de Marsella de 1831 e do opúsculo “Italia, Austria e o Papa” de 1845, nas que defende as súas ideas republicanas e democráticas, é ademáis o líder: 1) da “Nova Italia” e da “República romana”; 2) da “Xove Italia” e da “República italiana; 3) do “Rexurdimento” e da “República unitaria”.

13.- A. Humboldt, pioneiro da moderna xeografía, autor de Cosmos, obra de divulgación científica, foi un viaxeiro notable que percorreu as posesións españolas de América e Rusia. En Berlín foi entusiasta testemuña da revolución de 1848 o que lle valeu: 1) a Lexión de Honor; 2) ser candidato do Parlamento de Franfort; 3) ser nomeado Rector de Universidade.

14.- No Congreso de Viena os 38 Estados alemáns, xunto con Prusia, foron integrados nunha Confederación Xermánica baixo a tutela de Austria. Pola súa parte, Italia aparecía menos fragmentada, pero sen nengunha estructura integradora; aquí, o protagonismo principal era compartido por: 1) Borbóns e Papado; 2) Papado e Savoia ; 3) Entre os 3 mencionados.

15.- O fracaso da revolución de 1848 nos Estados alemáns abriu a vía conservadora, a unificación baixo a hexemonía da monarquía prusiana, como aposta da burguesía, principal beneficiada polo Zollverein de 1834, é dicir: 1)pola unión económica do comercio alemán; 2) pola Confederación dos alemáns protestantes; 3) pola unión da Prusia oriental e Occidental.

16.- En Italia, trala conversión de Piamonte nunha Monarquía parlamentaria, o liderazgo no proceso de unificación foi compartido pola diplomacia de Savoia e a praxe insurreccional dos “camisas bermellas” no Reino de Nápoles e Sicilia de: 1) Victor Manuel; 2) Cavour; 3) Garibaldi.

17.- A unificación de Alemania e Italia entrecrúzanse en 1866 coa guerra austroprusiana e en 1870 coa guerra francoprusiana que obrigou a repatriar as tropas francesas que protexían os Estados Pontificios. Para Italia significaba: 1) completar a territorialidade; 2 ) ter unha capitalidade estable; 3) nengunha novidade.

18.- Fronte o proxecto unificador de Prusia exclusivamente belicista, o programa de Piamonte alternaba guerra e diplomacia. Gracias a ésta última déronse: 1) incorporacións por plebiscitos como o de Toscana; 2) intercambios territoriais con Austria; 3) compras territoriais a Francia.

19.- Otto von Bismarck, embaixador en Rusia e Francia, foi o primeiro ministro de Guillermo I de Prusia desde 1862. O autoritarismo das súas políticas interior e exterior valeulle o alcume de: 1) ”Chanceller de ferro”; 2) ”Herr Barón”;3) ”Herr Sarxento.

20.- Nun proceso de 30 anos a maioría das colonias españolas e portuguesas en América independizáronse das metrópoles. Aparte das influencias da Ilustración e da Revolución americana das colonias inglesas, hai que salientar o desexo de emancipación económica dos: 1) indios; 2 ) gachupins; 3) criollos.

Anuncios

Responses

  1. A revolución liberal (soberanía e sufraxio) como revolución nacional e como revolución democrática no século XIX.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Revoluci%C3%B3n_liberal
    http://club.telepolis.com/geografo/regional/espa/revli.htm
    http://apuntes.rincondelvago.com/antiguo-regimen-y-la-revolucion-liberal-burguesa.html
    http://www.monografias.com/trabajos/liberalismo/liberalismo.shtml
    http://html.rincondelvago.com/revoluciones-liberales_2.html

  2. A arte europea: Neoclasicismo e Romanticismo.

    http://html.rincondelvago.com/neoclasicismo-y-romanticismo.html
    http://www.arteespana.com/neoclasicismo.htm
    http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_del_arte_occidental#Neoclasicismo.2C_Romanticismo.2C_Academicismo.2C_Realismo
    http://usuarios.lycos.es/depaduraoriajuan/twodescphotos4.html
    http://www.cossio.net/actividades/pinacoteca/p_05_06/neoclasicismo_romanticismo.htm

  3. A Independencia de Grecia e Bélxica.

    http://html.rincondelvago.com/liberalismo_nacionalismo_las-revoluciones-de-1820-1830-y-1948.html
    http://www.hiru.com/es/historia/historia_05500.html
    http://www.nostosonline.gr/index.php?option=com_content&task=view&id=463&Itemid=175
    http://www.profesorenlinea.cl/universalhistoria/U53MRevolucionesLiberales.htm


Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: