Posteado por: carla206 | diciembre 11, 2009

análise formal de arquitcturas neoclásicas

ANÁLISE FORMAL DE ARQUITECTURAS NEOCLÁSICAS

FACHADA “VELÁZQUEZ” DA PINACOTECA DO PRADO DE MADRID: O Museo del Prado foi construido baixo ol reinado de Carlos III, no ano1785. Foi un encargo directo do monarca ao arquitecto Juan de Villanueva. O proxecto formaba parte dun plan de modernización científica, confeccionado á medida do rei ilustrado e do seu gabinete de intelectuais e artistas renovadores. En principio non habería de funcionar como Pinacoteca, senón que se trataría do Gabinete de Historia Natural. Así, formaba parte doutro gran complexo que incluía o Observatorio Astronómico e o Xardín Botánico, que aínda hoxe podemos visitar. Todo, inmerso nos xardíns do Buen Retiro, onde se incluía o Pazo Real levantado por Felipe IV.

A imaxe proposta corresponde a unha vista parcial, que recolle a parte central da fachada principal, a de poñente ou de Velázquez. Néla diferenciase unpórtico que avanza sobre o plano xeral do edificio, na actualidade estructurado en tres pisos: un inferior no que alternan as arcadas con medallónsesculturas exentas, outro intermedio cunha galería e finalmente, o superior retranqueado e funcional, que delata unha orixe moito máis tardía.

No pórtico que arranca directamente do nivel do solo atopamos unha fachada sexástila de tamaño xigante con basas de toros e escociasfustes lisos e capiteis dóricos, se ben con ábacoequino moi achatados como querendo suxerir a tensión sobre os capiteis dun pesado entablamento constituido, aquí, por un potente friso liso do que ampliamente vóa acornisa para mellor remarcar o contraste do ático decorado cun relevo (alegoría do rei Fernando VIIcomo protector das ciencias, as artes e a técnica, que en figuras simbólicas se presentan ante o seu rexio trono; detrás do rei, clásicos deuses mitolóxicosAteneaApoloMercurioNeptuno– parecen estar inspirándolle aquelas decisións de protección e progreso). Convén constatar a incoherencia duncapitel dórico nunha columna con basa ou cun friso sen triglifos e metopas para xustificar que realmente nos encontramos noutro tipo de orde, a chamadatoscana.

No corpo lonxitudinal, de eixo perpendicular ao de simetría do pórtico, salienta unha galería decoherente orde xónica tanto nos elementos sustentantesbasafuste (tb liso como os do pórtico) e capitel con volutas, como noentablamento con arquitrabe, friso corrido e cornisa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: