Posteado por: carla206 | diciembre 11, 2009

análise formal de arquitecturas neoclásicas

ANÁLISE FORMAL DE ARQUITECTURAS NEOCLÁSICAS

1.- CAPITOLIO DE WÁSHINGTONA arquitectura neoclásica tivo unha gran recepción nos Estados Unidos, xa que o novo país queria crear unha república imitando ás do mundo antigo. Un dos mellores exemplos desta arquitectura o encontramos no Capitolio (1793), edificado por Thornton eBulfinch e ampliado posteriormente a instancias deAbraham Lincoln por Thomas Walter, quen ergueu a gran cúpula, rememorando a de Miguel Anxo noVaticano, e engadiu as áas destiñadas ao Congresoe ao Senado.

A imaxe proposta corresponde a unha vista parcial e retranqueada, que recolle só a parte central e o arranque das áas deste edificio de grande unidade formal. No corpo inferior, as fachadas desprazan cara adiante o plano xeral, tanxencial en planta á proxección da base da cúpula, o corpo superior. Éste amósase estructurado en tamborescúpula propiamente dita, e linterna cupuliforme coroada a súa vez pola estatua votiva en bronce da Libertade.

No corpo inferior, observamos, xunto as escalinatas que dan accesibilidade ás distintas partes do edificio, os seguintes elementos formais: Sobre un piso con función de zócalo, peralte ou podium,érguense os elementos sustentantespilastras ou columnaslisas eestriadas, respectivamente), constituidas por basas de moldurascóncavas convexas, (toros e escocias, respectivamente), e porcapiteis corintios de follas de acanto e volutas xónicas. Nosentablamentos, especialmente desenvolvidos a altura da cuberta, encontramos a arquitrabe, o friso e unha cornisa, todos son corridos sen decoración. A salientar como remate a balaustrada na súa función de privilexiar as liñas horizontais hexemónicas de toda arquitectura clásica ocultando o tellado. Con valor secundario, indicar o contraste nas fiestras do piso máis noble (en realidade son dous unificados polaspilastras) entre os frontóns triangulares do corpo principal e ossemicirculares dos corpos laterais.

No corpo de desenvolvemento vertical, a secuencia dos tambores, que sosteñen a cúpula nervada con óculos ovalados nas interseccións, va dende o inferior liso ao superior con luces de arco de medio punto,articuladas por pilastras de fustes con relevos de motivos vexetais, pasando polo tambor intermedio, cun peristilo de columnas e cunentablamento semellantes ás da galería central do corpo horizontal.

RECAPITULANDO:

Arquitectura composta de corpo/volumen principal (con contraste docorpo inferior de desenvolvemento horizontalcorpo superiorvertical) e corpos laterais, acentuando as liñas de estabilidade (o termo áas é moi expresivo).

FACHADA: Octástila, 8 columnas estriadas con basa (toro eescocia) e capitel composto (corintio con volutas xónicas). Sobre estoselementos sustentantes, o entablamento formado por arquitrabe efriso corridos sen decoración, e cornisa, que coroa un frontón triangular con timpano decorado en relevo; sen acrótera, nenantefixas.

CÚPULA: Varios tambores (o inferior lisociego prácticamente non visible, da paso a 2 tambores abiertos por luces con arcos de medio punto, aínda que só un rodeado por galería con peristilo de columnas xónicas; finalmente, a transición á cúpula propiamente dita, realizase a través dun anel reforzado por contrafortes. Ésta con nervios exteriores está alixerada por óculos ovalados e rematada nunhalinterna cupuliforme con galería, que culmina cunha estatua femenina en representación da liberdade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: