Posteado por: carla206 | enero 25, 2010

TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E M.O. NO S.XIX

TRANSFORMACIÓNS SOCIAIS E M.O. NO S.XIX

1.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de competencia perfecta, pasaban por un endurecemento do traballo tradicional no campo ou nas corporacións gremiais a través: 1) de xornadas semanais só con descanso dominical e de 14 horas diarias; 2) dunha disciplina de traballo colectivo propia do sistema fabril; 3) as dous son complementarias.

2.- Durante a R.I. os beneficios empresariais, nun contexto de libre competencia de numerosas e pequenas empresas, pasaban pola reducción dos custos de producción, non das inversións en máquinas, senón dos salarios, a prol dun exceso de oferta de traballo asociado: 1)a emigrantes e parados; 2)mulleres e menores de idade; 3) as dúas son válidas.

3.- Á chamada “cuestión social”, ou extensión dos traballadores con precarios medios de subsistencia e sen cobertura social algunha, tivo como resposta o desenvolvemento de diversas iniciativas novidosas de carácter asociativo como o sindicalismo, que aspiraba: 1) á negociación reinvindicativa e as mutualidades; 2) ó desorden e á provocación a través do luddismo (destrucción de máquinas) e da folga revolucionaria; 3) as dous son correctas.

4.- A conciencia do carácter explotador do novo modo de producción capitalista é a aportación ao pensamento socialista dun grupo de escritores cualificados polos ideólogos marxistas como utópicos: 1) por antihumanistas e autoritarios; 2) por acientíficos e falta de sentido práctico; 3) nengunha das dous é acertada.

5.- Entre os supostos “utópicos” socialistas salientan dous teóricos do sindicalismo dos traballadores en xeral, xa que logo opostos ao corporativismo dos traballadores “cualificados”, Owen e Proudhon; éstos, son representantes respectivamente do: 1) comunismo e dos falansterios; 2) cooperativismo e do federalismo obreiro; 3) socialismo político e do liberal.

6.- Karl Marx (1818-1883) e Engels (1820-1895), membros da Liga dos Comunistas, organización revolucionaria que tiña como obxetivo a abolición da propiedade privada redactaron no ano 1848 un opúsculo obrerista: 1 ) un caderno de queixas dos traballadores industriais; 2) un informe sobre a organización mundial do proletariado; 3) un manifesto comunista ou proclama política obreira.

7.- As primeiras formas de organización colectiva no marco da R.I. déronse no contexto das guerras napoleónicas. A partir de 1825, en Inglaterra, coa abolición das leis antiasociativas medran as Trade-Unións (sindicalismo de oficio) que se federan en 1834 nunha Grande Unión de Traballadores. Esta evolución reflicte un movemento obreiro de vocación: 1) rupturista e radical; 2) reformista; 3) revolucionario.

8.- A consolidación do movemento sindical inglés posibilitou un movemento político que intenta a ampliación dos dereitos de voto aos non propietarios para acadar os cambios na lexislación laboral. Tal proxecto que desembocaría co tempo na constitución do Labour Party coñécese como: 1) laborismo; 2) cartismo; 3) posibilismo.

9.- Xunto ós sindicatos reformistas non faltaron en Europa e nos EEUU os que adouptaron posicións revolucionarias e que tiñan como arma básica da súa loita reinvindicativa: 1) o absentismo laboral; 2) o “lock out” ou peche da fábrica; 3) a folga xeral.

10.- En 1864 fúndase a Asociación Internacional de Traballadores (AIT) co obxetivo de informar e coordinar ás distintas seccións nacionais membros e coa aspiración última da emancipación da clase obreira. A represión legal desta organización intensificouse a raíz: 1) da guerra franco-prusiana de 1870 e da Comuna de París (1871);  2) da aceleración democrática de 1868; 3) da crise económica de 1873 e das migracións as que deu lugar.

11.- Ás presións externas que experiementou a I Internacional, súmanse os enfrontamentos internos entre marxistas e anarquistas polas funcións do Consello Xeral, que levarían a súa disolución en 1876. As sedes de dito órgano central foron: 1) Londres e Nova York; 2) París e Filadelfia; 3) Londres e A Haia.

12.- Autodenomínase “socialismo científico” ó pensamento de Marx no que refire á súa crítica ó modo de producción capitalista. Dito socialismo forma parte dunha interpretación da Historia baseada na dialéctica entre factores e relacións de producción. Nunha interpretación máis humanista, na loita de clases entre: 1) propietarios de medios de producción e forza de traballo; 2) burguesía e proletariado; 3) as dous son válidas.

13.- No concepto de loita de clases como motor da Historia a fase final está representada pola derrota da burguesía e o establecemento dunha dictadura do proletariado como fórmula política da nova sociedade socialista. O final da Historia o constitue, sen embargo, o comunismo, é dicir: 1) unha sociedade non clasista; 2) sen governo; 3) as dous son válidas.

14.- No concepto dialéctico da Historia entre relacións sociais estáticas e forzas productivas dinámicas, a revolución escapa das posibilidades do voluntarismo limitándose o activismo obreiro á procura de melloras políticas e laborais democráticas dende os partidos autodenominados: 1) socialdemócratas; 2 )socialistas; 3) comunistas.

15.- Os anarquistas diferían dos marxistas polo feito de rexeitaren a autoridade (Estado, Igrexa, partidos, líderes, etc). Nas derradeiras décadas do s.XIX dentro da tendencia anarquista existían varias tendencias: 1) anarcosindicalistas e anarcocomunistas; 2) maxisterio libertario e terrorismo de propaganda polo feito; 3) as dous son correctas.

16.- Algúns pensadores libertarios influiron poderosamente no movemento obreiro. Entre eles, os rusos Bakunin e Kropotkin, os españois Urales e Mella e o italiano Malatesta: Para este último, autor de folletos como “No café” e “Entre campesiños”, a Anarquía é sinónimo de: 1) dun pacto libre entre iguais e dun sen governo dirixido ó benestar de todos; 2) dunha sociedade de amigos; 3) as dous son correctas.

17.- O atraso na industrialización española explica que os movementos de asociación e loita obreira aparecesen con certo retraso respecto de europa, arredor da revolución de 1868 que puxo fin ó reinado de Isabel II. O Congreso da Federación Rexional Española (Barcelona, 1870) evidencia unha maior influencia no obrerismo peninsular do: 1) anarquismo; 2) marxismo; 3) nengunha das dúas.

18.- Intentos revolucionarios nun periodo de tanta inestabilidade política como o da I República levaron a ésta a proclamar a inconstitucionalidade da Internacional. A represión continuaría na Monarquía Restaurada ata a chegada do Governo de Sagasta en 1881 cunha lexislación de asociación máis permisiva que favoreceu a aparición da: 1) FTRE; 2) FETE; 3) FRE da I Internacional.

19.- O movemento obreiro español defendeu maioritariamente unha posición moderada en canto á colectivización, que non se lle tivo en conta guvernamentalmente cando apareceron grupos extremistas como a Man Negra, que dirixía a súa propaganda: 1) ó campesiñado andaluz; 2) ó proletariado vasco; 3) ós sectores populares en xeral.

20.- A escalada terrorista de afirmación anarquista de finais do s.XIX, autoxustificado na dura represión e na falta de libertades públicas, culminou en 1897 co magnicidio de Antonio Cánovas, Primeiro Ministro de: 1) Alfonso XII; 2) da Rexente Mª Cristina; 3) Alfonso XIII.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: