Posteado por: carla206 | febrero 20, 2010

ficha de la belle otero, la belle epoque

LA BELLA OTERO (1954)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FICHA TÉCNICO-ARTISTICA
Género:
Musical
País:
Francia, España
Dirección: Richard Pottier
Guión: Carolina Otero, Marc-Gilbert Sauvajon
Producción:?
Música: Jean Le Seyeux
Fotografía:?                                                                                                      
Duración:? Actores: María Félix; Jacques Berthier;  
                                           Maurice Teynac; Louis Seigner; Paolo Stoppa;                                                               Nerio Bernardi LouisArbessier; Nando Bruno;                                                                  Paul Faivre; Gina Manès; Germaine Montero;                                                                Jean Pâqui; Marie Sabouret;                                                                                           Jean-Marc Tennberg; José Torres  

SIPNOSIS.-

Vida e miragres da bela Carolina Otero, mais coñecida como La Belle Otero, sublime danzarina, cantante “xitana” e estrela do Folies Bergère, unha rapida carreira, a cabalo do s. XIX e XX e interpretada pola temperamental atriz mexicana Maria Felix.         Outros filmes sobre La Belle Otero son as dirixidas por José Mª Sánchez Silva en 1983 e por Jordi Frades en 2008 (Ver directorios infra)

http://www.culturalianet.com/art/ver.php?art=7921

http://www.culturalianet.com/art/ver.php?art=7921

 

 

RESEÑA BIOGRAFICA.-

Agustina Otero Iglesias (Valga, Pontevedra, 1868Niza, Francia, 1965) naceu de nai solteira e viviu nun ambiente familiar moi degradado, en condicións cercanas á mendicidade, do que fuxíu moi nova cara a Santiago e logo a Lisboa. Itinerou como bailarina por locais e teatros de Barcelona, Marsella e Nova York ata chegar ó deslumbrante París de 1890, acadando en poucos anos enorme éxito e popularidade na sociedade mundana de entreséculos. Nos seus espectáculos asumía o tópico e demandado papel da Carmen andaluza e pasional. Estivo sempre rodeada dunha aureola de escándalo moi ben utilizada como promoción mediática.

A súa relación co cine iníciase coa exhibición en 1895 dos seus bailes no kinetógrafo Edison. O espectador miraba a través dun visor -xirando rapidamente unha manivela- as numerosas fotografías de pequeno tamaño dispostas sucesivamente nun rodillo ata acadar unha escena completa. En 1898 Félix Mesguich, operador da casa Lumiére de xira por Rusia, rodou por indicación da propia Otero unha cinta de vinte metros coas súas danzas españolas no luxoso cabaret L´Aquarium de San Petersburgo.

Na Exposición Universal de París de 1900 proxectouse unha antoloxía con escenas curtas do repertorio das protagonistas máis coñecidas dos teatros parisienses, entre elas a Belle Otero.

A comezos de 1918, o productor italiano Gioacchino Mecheri encaprichouse en contratala e rodou por unha cifra astronómica o papel protagonista de L´autonno dell´amore, dirixida por Gennaro Righelli, daquela un dos grandes realizadores italianos. Estreada en novembro de 1918, foi acollida desfavorablemente pola crítica. Estreouse en España baixo o título “Otoño de amor“. Dous anos despois, Erich von Stroheim, un dos grandes de Hollywood, dedicoulle un dos personaxes principais en “La ganzúa del diablo” con Mae Busch no papel de La Belle Odera, unha libertina bailarina de París. Era a primeira película que a situaba como personaxe na historia do cine.Andaba Agustina polos oitenta anos cando recibiu a proposta do productor francés Emile Natan para levar ó cine as súas esquecidas memorias protagonizadas pola estrela mexicana María Félix. Foi estreada en París o 5 de novembro de 1954, e o público amosouse decepcionado coa dirección de Richard Pottier por non atopar na Belle Otero as pegadas do escándalo que rodeou a súa vida.

Inspirado na novela La Bella Otero de Massimo Grillardi fíxose un serial rodado en 1983, en coproducción coa RAI e outras productoras de Francia, Alemaña e España, dirixido polo realizador José María Sánchez, con Ángela Molina como protagonista

http://www.usc.es/estaticos/xornal-historico/acontece28da.html?p=9031

 

A BELA OTERO E A SETIMA ARTE

A imaxe da Bela Otero está ligada ao éxito do cartel, á popularización e democratización da fotografía que chega a todos os lugares. O rostro da Bela Otero figura entre raíñas, actrices, literatas, pintores, artesáns e persoas de todos os oficios que fan a historia da fotografía no século XIX. A súa imaxe adquirida por milleiros de coleccionistas percorría o mundo e tamén chega a Galicia, e será unha fotografía, publicada na revista pontevedresa Galicia Moderna, o 1 de maio de 1897, na sección titulada “Mujerio” que asinaba Renato Ulloa, a primeira que figure á beira da verdade da súa orixe. Foi Renato Ulloa, membro do parladoiro dos Muruais en Pontevedra aberto a unha estupenda biblioteca que permitía o gozo de múltiples lecturas e a contemplación de imaxes galantes, quen descubriu que esa face mil veces repetida da Bela Otero, que triunfaba en París pola súa beleza “xitana“, polas súas fantásticas aventuras amorosas e as súas xoias aínda máis fantásticas, non nacera en Cádiz. O xornalista quixo saber a verdadeira historia que chegaba desde Valga, onde vivía Carmen a Gurumela, unha muller humilde que recibía diñeiro e roupas que lle enviaba a súa filla Agustina desde Francia. Cando Carmen lle mostra os retratos que a súa filla lle enviou desde París Ulloa descobre abraiado que aquelas imaxes eran as que el coñecía da biblioteca do seu amigo Muruais, onde se coleccionaban por ducias e pasaban de man en man. E así foi como se soubo que Agustina Otero, a filla de Carmen a Gurumela, natural de Valga, era en París Carolina Otero e triunfaba co nome de Bela Otero. E foi así como se comezou a reivindicar o dereito de incluír no catálogo das súas celebridades unha figura de muller sen igual. Mais aínda que aquí se soubese a verdade, no resto do mundo seguían coa certeza de que a Belle Otero, levaba, cando menos, por unha parte da súa estirpe, sangue xitano.

Mais antes desta descuberta que ficou, coma quen di, na casa, a Bela Otero baila unha danza andaluza nunhas imaxes en movemento en 1895, imaxes perdidas que se viron en Madrid, unha filmación para o kinetoscopio de Thomas Alva Edison. Estas imaxes ligárona ao nacemento da sétima arte e convertérona na primeira actriz galega de cine.

Pasaran uns anos desde que os irmáns Lumière mostraban perante un público afortunado a saída dos obreiros nunha fábrica de Lyon e o éxito do novo espectáculo estaba garantido e había que preparar novas filmacións e crear equipos técnicos. Un dos mozos que se deixan engaiolar pola esta nova tecnoloxía é Félix Mesguich, o primeiro chasseur de imaxes da historia do cine, nas súas memorias fálanos da Bela Otero. En 1898 coñece a la artista que actúa no Aquarium en San Petersburgo, xa que ela que coñecía máis do mundo e das novidades, moito máis do que acostuman transmitir as biografías que a tratan, sabía de todo o que lle podía servir como reclamo, non podía deixar fuxir a oportunidade de atoparse nun encontro, estritamente profesional co operador de cine dos Lumière. Ela quere darlle unha sorpresa ao seu público, quere que Mesguich filme a súa danza. El acepta o reto e preparan a filmación: un baile de Carolina acompañada dun oficial do exercito do Tsar. Xuntos baleiran unha copa de champan, el deixa caer o seu képi e o cinto, para botar a bailar o famoso valse volteado que facía chegar as costas da moza até o chan. Ela sabía da importancia da imaxe, o público fixaría os ollos no oficial ruso que sostiña o seu corpo. Mentres a fita pasaba ante o público, ela detrás da escena, sintonizaba cos seus pés a danza silente. La Valse Brisante da produtora Lumière, dirixida polo cámara Mesguich, coa Bela Otero como actriz, en 1898, está ligada ao nacemento da censura no cine. Mesguich ofendera á armada rusa, os seus oficiais non eran bailaríns. Grazas á intervención do embaixador de Francia, o operador dos Lumière, é expulsado do país, a alternativa era unha deportación a Sibeira. No ano 1900 na Exposición Universal de París a danza Une fete à Seville, protagonizada pola moza de Valga figuraba no programa cinematográfico do Foto-Cine-Teatro, ao ano seguinte outra imaxe súa sería proxectada no Olympia. A Bela Otero, Cléo de Merode, Coquelin ou Sarah Bernhardt engrandecían un espectáculo que facía historia da arte de interpretación. A última aparición que se coñece de Carolina Otero como actriz é de 1918, dirixida por Gennaro Righelli participa no filme L’Autunno dell’Amore que narra o drama da relación entre a Princesa Albaflorida (Bela Otero) e o xove pintor Mario Alberti (Luigi Cimara). Carolina resultou convincente como actriz cinematográfica e encarnaba unha personaxe axeitada á súa idade. O filme estréase en Roma, había uns días que a actriz cumprira cincuenta anos.

Rexeitou entre outras unha oferta, para a que fixo probas porque lle gustaría tela protagonizado, fora unha proposta da empresa Fred Monopole, foi fiel a ela mesma cando se deu conta que tiña xa demasiados anos e o seu corpo mudara para ser a actriz de La vie de la Belle Otéro.

Logo a Bela Otero converteríase na personaxe encarnada nas pantallas por Mae Busch, María Félix e Ángela Molina. Personaxe, como usamos dicir, sen fortuna, Carolina Otero desexaba ser encarnada no cinema por Rita Haywort, quizais a sorte non tería sido mellor, xa que o que o erro foi sempre a ollada desde a que se contemplou a súa vida. O director Erich von Stroheim leva ao cine un guión da baronesa von Meyer, Olga Caracciolo, que se basea na Bela Otero, para a súa personaxe de Flora, que interpretará Mae Busch, o filme, do que non fica copia, proxectouse en España co título de La Ganzua del diablo.

María Félix dará vida María Félix dará vida á galega na película La Belle Otéro, baseada, de xeito moi superficial, nas memorias da propia Carolina, dirixida por Richard Pottier. A estrea á que asistiu a propia Carolina Otéro, había tempo retirada en Niza, foi no Moulin Rouge o 5 de novembro de 1954. Chorou diante das imaxes das que non gustou, loou a beleza da actriz mexicana, mais comentou que á súa idade a Bela Otero era máis fermosa. María Félix non convence na personaxe que interpreta, e a película, por culpa do guión reduce a Carolina Otero, a unha inocente rapaza que non comprende ao único amante que ten no filme, no que se van sucedendo tópicos sobre a vida da artista, cunha historia de amor que nunca debeu existir, e envolta nunha moralidade que a afasta da realidade e a converte nun conto de fadas.

En 1983 estréase unha serie de televisión que tampouco axuda á que se descubra algo máis alá das portas do rostro desa muller milleiros de veces fotografada. O guión cocíñase coa receita dunha pésima novela, La Bella Otero, de Massimo Grillardi, e protagonizada pola actriz Ángela Molina, que non puido encarnar a unha muller que se fixo a si mesma, xa que foi dirixida para representar a unha personaxe dun falso guión.

Até o de agora ésta foi a fortuna de Carolina Otero como personaxe de cinema, focalizado desde a ollada masculina, ela como un obxecto de desexo, como unha xoia que abraia, como a muller inaccesible. Gustaríame ver o filme no que asistamos como público a transformación incríbel dunha nena de Valga do século XIX, pobre, violada de morte cando tiña dez anos e que, aínda non sabemos como e xa nunca o saberemos, chega a París, onde triúnfa. Esta rapariga que pedía pan polas portas en Galicia, morreu soa e moi vella en Niza, pero botáballe pan ás pombas. Entre a rapariga e a anciá hai unha longa historia que só se pode levar ao cine con valor, cunha óptica das dialécticas de xénero, que saiba ler nas marxes e sen caer en historias haxiográficas.

http://www.apeneira.com/hemeroteca/suplementos/Kalaikia_14.pdf

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: